Restaurante A Tafona
Restaurante A Tafona
Santiago de Compostela, A Coruña
Non hai conceptos efémeros cando nos sentamos á mesa na Tafona, pero si moitos contrastes: un envoltorio de pedra cálida, luz e cor que nos arroupa cunha xentileza sólida, opostos que non o son tanto… porque aquí o pulso firme de Lucía Freitas remata pratos que emocionan, polo seu mimo e o seu extremo respecto ao produto. Poderás comprobalo na visita a Praza de Abastos da man da propia Lucía, para posteriormente levarnos ao seu restaurante e vivir unha experiencia única.
Restaurante Yayo Daporta
Restaurante Yayo Daporta
Cambados, Pontevedra
Cociña galega actualizada. Parten dos mellores produtos, prestando unha especial atención aos mariscos e aos peixes de tempada, aos que aplicamos as técnicas de cociña máis adecuadas sen perder de vista a tradición e acompañándoos cos viños da nosa contorna. Busca que a súa cociña identifique a súa situación, a súa orixe, Cambados, e transmitirllo así ao cliente cos seus pratos. Complementando ao padal, recomendámosche explorar Cambados na súa totalidade tanto por mar como por terra.
Restaurante Casa Solla
Restaurante Casa Solla
Poio, Pontevedra
Pepe Solla e o seu equipo séntense moi apegados ao seu territorio, á súa despensa. Ela é quen define os seus pratos e a imaxinación a súa maneira de cociñar. Pola súa forte conexión co mar e a súa admiración polas súas xentes, bautizaron menús con artes de pesca. Mais tamén séntense moi da terra; a horta é fundamental nas súas vidas e nunca esquecen que son de carne e óso. Poderás profundar nese amor polo mar surcando a ría de Pontevedra nun barco de vela ou na admiración pola terra visitando a arte rupestre en Campo Lameiro.
Restaurante Maruja Limón
Restaurante Maruja Limón
Vigo
A cociña de Rafa Centeo e Inés Abril baséase nos produtos de proximidade. A Ría, as súas raíces galegas, mestúrase con chiscadelas ao mundo, deixando entrever o seu espírito aventureiro. O resultado: unha proposta natural, próxima e sorprendente que ofrece unha visión fresca e limpa da gastronomía galega. Para profundar nas devanditas raíces, poderás surcar a ría de Vigo en veleiro ou relaxarte nas piscinas coas mellores vistas da cidade de Vigo.
Restaurante O Retiro da Costiña
Restaurante O Retiro da Costiña
Santa Comba, A Coruña
O restaurante de Manuel Costiña ofrece varios ambientes onde gozar dunha experiencia gastronómica completa que convida a evadirse, a desfrutar en corpo e alma e en todos os sentidos nunha atmosfera dunha elegancia contemporánea e relaxada. Se despois de degustar a cociña de Costiña, buscas outras formas de evadirche, poderás gozar dunhas vistas incribles por aire, mediante un voo en ultralixeiro, ou por mar gozando dunha aventura en kaiak.
Restaurante Pepe Vieira
Restaurante Pepe Vieira
Poio, Pontevedra
Ven coñecer “A Última Cociña do Mundo” de Pepe Vieira a través da historia que conta cada prato. Unha experiencia única que permitirache descubrir Galicia e as súas orixes a través dunha proposta gastronómica creativa. Grazas á actividade que che propoñemos, poderás ademais, profundizar nesta filosofía cociñando con Pepe Vieira

























