Restaurante A Gabeira

Restaurante A Gabeira

Ferrol, A Coruña

Carnes, receitas vexetarianas e a gran protagonista: unha selección impecable de mariscos e produtos do mar, directos das costas galegas ao prato. Miguel Ángel Campos proponnos na Gabeira un menú no que tradición e vangarda mestúranse creando pratos que son pura inspiración para o padal. Para ir máis aló, descobre a zona camiñando ou navegando, non te arrepentirás.

Aloxamentos

Hotel Carrís Almirante

Ver web
+34 981 333 073

Actividades

Senderismo polas Fragas do Eume

Ver web
+34 605 236 646

Paseo en barco pola ría de Ferrol

Ver web
+34 981 340 778


Restaurante Nado

Restaurante Nado

A Coruña

Iván Domínguez sae ao mar para explorar e redescubrir as sendas que o sabor deixou na nosa memoria. En Nado séntanos á mesa, e vólvese anfitrión desta Galicia Atlántica, cos seus produtos, as súas xentes, a súa identidade, cociñando os seus soños a lume manso. Explora o mar máis aló da súa cociña a través dunha clase de surf ou visita a cidade que envolve toda a súa filosofía gastronómica.

Aloxamentos

Cabanas de Canide preto da praia

Ver web
+34 696 478 947

Actividades

Clase de surf en Bastiagueiro

Ver web
+34 655 457 022

Visita á cidade de A Coruña

Ver web
+34 981 923 093


Restaurante Eirado da Leña

Restaurante Eirado da Leña

Pontevedra

Galicia, a súa despensa. O mar, protagonista principal. A terra, onde traballan man a man con pequenos produtores de agricultura ecolóxica. As carnes, de raza autóctona. A adega, con máis de 280 referencias de viño de todo o mundo, centrándse principalmente na nosa terra. O restaurante de Iñaki Bretal está situado na Praza da Leña, zona monumental fronte á entrada do antigo museo de Pontevedra. Se esta descrición paréceche un luxo, non esperes a acompañar a experiencia visitando un dos xardíns privados máis importantes de España ou viaxar polas viñas de Adegas Terras Gauda.

Aloxamentos

Aloxamento rural Rectoral de Cobres

Ver web
+34 986 673 810

Actividades

Visita ao xardín botánico do Pazo da Saleta

Ver web
+34 629 816 880

Visita á adega Terras Gauda

Ver web
+34 986 621 001


Restaurante O Balado

Restaurante O Balado

O Boqueixón, A Coruña

É un proxecto moi persoal de Roberto Filgueira no que busca non só servir comidas, senón ser fiel a unha idea. O seu concepto de cociña aúna tradición e modernidade desde o máis absoluto respecto á natureza. Pero, ante todo, o que persegue é unha cociña con alma, que anhela reencontrarse coas orixes, onde a materia prima é a protagonista principal. Se tamén respectas a natureza e ansías por descubrir os seus recunchos, non dubides en vistar o Pico Sacro ou os xardíns do Pazo de Oca.

Aloxamentos

Aloxamento rural Casa de Casal

Ver web
+34 981 503 227

Actividades

Visita ao Pazo da Oca e xardíns (Versalles galego)

Ver web
+34 986 587 435

Ruta de senderismo, final en Pico Sacro

Ver web


Restaurante O Retiro da Costiña

Restaurante O Retiro da Costiña

Santa Comba, A Coruña

O restaurante de Manuel Costiña ofrece varios ambientes onde gozar dunha experiencia gastronómica completa que convida a evadirse, a desfrutar en corpo e alma e en todos os sentidos nunha atmosfera dunha elegancia contemporánea e relaxada. Se despois de degustar a cociña de Costiña, buscas outras formas de evadirche, poderás gozar dunhas vistas incribles por aire, mediante un voo en ultralixeiro, ou por mar gozando dunha aventura en kaiak.

Aloxamentos

Aloxamento rural en Cabanas Moura

Ver web
+34 981 851 009

Actividades

Voo en ultralixeiro

Ver web
+34 981 561 785

Kaiak polo Ézaro

Ver web
+34 627 628 080


Restaurante Pepe Vieira

Restaurante Pepe Vieira

Poio, Pontevedra

Ven coñecer “A Última Cociña do Mundo” de Pepe Vieira a través da historia que conta cada prato. Unha experiencia única que permitirache descubrir Galicia e as súas orixes a través dunha proposta gastronómica creativa. Grazas á actividade que che propoñemos, poderás ademais, profundizar nesta filosofía cociñando con Pepe Vieira

Aloxamentos

Aloxamento rural en Pousada de Armenteira

Ver web
+ 34 986 716 372

Aloxamento rural en Quinta San Amaro

Ver web
+34 630 877 590

Actividad

Visita a Adega Gran Bazán

Ver web
+34 986 555 562