Restaurante Bido
Restaurante Bido
A Coruña
Bido é o novo restaurante de Juan M. Crujeiras. O nome é unha das palabras que existen en galego para referirse ao bidueiro, que forma parte da decoración do restaurante.Situado no centro de A Coruña, a súa filosofía é a cociña “seria, próxima e baseada no produto e no sabor”. Ademais desta aventura para o padal, poderás explorar as illas menos coñecidas de Galicia, un auténtico paraíso natural case sen explorar polos turistas.
Restaurante Paprica
Restaurante Paprica
Lugo
Se amas a natureza, chegaches ao restaurante idóneo. Ecoloxía, sustentabilidade e benestar animal é a filosofía do restaurante Paprica de Álvaro Villasante. Todas as verduras e froitas coas que traballan son ecolóxicas e do mercado local. Ademais, toda a carne que serven provén de granxas onde o respecto polo benestar animal é a norma. Coa mesma filosofía poderás gozar de actividades como tomar parte do día a día nunha aldea galega e aprender a elaborar queixos ou visitar a adega co primeiro viño ecolóxico certificado en plena Ribeira Sacra.
Restaurante A Gabeira
Restaurante A Gabeira
Ferrol, A Coruña
Carnes, receitas vexetarianas e a gran protagonista: unha selección impecable de mariscos e produtos do mar, directos das costas galegas ao prato. Miguel Ángel Campos proponnos na Gabeira un menú no que tradición e vangarda mestúranse creando pratos que son pura inspiración para o padal. Para ir máis aló, descobre a zona camiñando ou navegando, non te arrepentirás.
Restaurante Nado
Restaurante Nado
A Coruña
Iván Domínguez sae ao mar para explorar e redescubrir as sendas que o sabor deixou na nosa memoria. En Nado séntanos á mesa, e vólvese anfitrión desta Galicia Atlántica, cos seus produtos, as súas xentes, a súa identidade, cociñando os seus soños a lume manso. Explora o mar máis aló da súa cociña a través dunha clase de surf ou visita a cidade que envolve toda a súa filosofía gastronómica.
Restaurante Eirado da Leña
Restaurante Eirado da Leña
Pontevedra
Galicia, a súa despensa. O mar, protagonista principal. A terra, onde traballan man a man con pequenos produtores de agricultura ecolóxica. As carnes, de raza autóctona. A adega, con máis de 280 referencias de viño de todo o mundo, centrándse principalmente na nosa terra. O restaurante de Iñaki Bretal está situado na Praza da Leña, zona monumental fronte á entrada do antigo museo de Pontevedra. Se esta descrición paréceche un luxo, non esperes a acompañar a experiencia visitando un dos xardíns privados máis importantes de España ou viaxar polas viñas de Adegas Terras Gauda.
Restaurante O Balado
Restaurante O Balado
O Boqueixón, A Coruña
É un proxecto moi persoal de Roberto Filgueira no que busca non só servir comidas, senón ser fiel a unha idea. O seu concepto de cociña aúna tradición e modernidade desde o máis absoluto respecto á natureza. Pero, ante todo, o que persegue é unha cociña con alma, que anhela reencontrarse coas orixes, onde a materia prima é a protagonista principal. Se tamén respectas a natureza e ansías por descubrir os seus recunchos, non dubides en vistar o Pico Sacro ou os xardíns do Pazo de Oca.























